¡XA ESTA TODO DISPOSTO!, ¡A TRABALLAR!

Fói un día calquer do mes de marzo, e son acollidos 163 nenos e nenas de educación primaria e infantil, na zona dos Torroados e Urtiga se lles asina unha parcela e a plantar. É unha gozada mirar a estos cativos, con un castaño máis grande que eles, como corren, caen, érgense, plantan, colocan a etiqueta co seu nome, e volven o lugar de partida; donde son agasallados con unha bolsa de tela de cor amarela que leva o logotipo da Comunidade de Montes, unha mazán, un yogure bebible e unha botella de auga, ¡a almorzar!.

¿Que pasa?,¡ os mestres nón plantaron!; ¡a plantar!; ¿que aprendan dos pequenos?.

O día seguinte na finca da Fonte da Portela, son acollidos 145 alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria na compaña dos seus mestres; donde se vái a facer unha plantación de carballos seguindo o mesmo esquema que os compañeiros do día anterior; ca salvidade de que o terreo é escarpado e costa arriba, tendo que axudarse mutuamente, xa que o carballo é grande; da gusto velos trepar agachados e plantar, xa que parecen formiguiñas elaborando.Terminada a tarefa imos almorzar, para partir cara o centro das Pedriñas donde tiveron a oportunidade de xogar, gatear e tocar os tractores, ver a maquinaria e ver unha demostración de como unha árbole convírtese en leña; momento ideal para comentar con eles, que para cortar unha árbole, foi necesario que alguén a plantase antes.

Esta é a crónica dunha plantación de árboles onde participarón 308 alumnos do colexio Peña de Francia os seus mestres; traballadores e directivos da C.M.V.M.C. de Tameiga.

¡Oxala que estes alumnos nunca esquezan este día!; que de vez en cando, visiten a súa árbole, e teñan a sorte de velos dar froitos de abondo.