A finalidade desta Comunidade non é convertirse nunha empresa vendedora de leña.

Certo que poñemos a disposición dos veciños da parroquia, leña rachada para o seu uso, pero temos que puntualizar o seguinte:

A prioridade é rematar co plan de ordenación do monte, para ter o chan desbrozado, as árbores podadas, zonas replantadas e alineadas, etc.

Todo isto conleva a facer entresacas e cortas selectivas de árbores, para poder logo utilizar a maquinaria sen atrancos nin impedimentos.

Estas árbores son as que rachamos e ofertamos ao conxunto da veciñanza, para que a utilicen nas suas caldeiras ou cociñas de leña.

O prezo da leña xa rachada na casa do veciño comuneiro, ven sendo o que ofrecería un madeireiro por ela no monte.

É o valor engadido que lle damos aos veciños comuneiros.