QUÉN SOMOS

A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Tameiga, está composta por toda a veciñanza da parroquia.

O monte veciñal non é unha titularidade pública, nin tampoco é privada, senon que é unha titularidade veciñal e colectiva chamada “Comunidade xermánica”. O monte é da veciñanza comunera.

Isto quere dicir, que os propietarios dos montes veciñais, son os veciños que viven na paroquia en cada momento, e a eles lles corresponde a titularidade e aproveitamento destes.

Deste xeito, a Comunidade de Montes xestiona o aproveitamento dos seus recursos, propoñéndose como principal obxetivo, o aproveitamento multifuncional do monte para a mellora das condicións economico-sociais da parroquia.

Para levar a cabo dita empresa, a Comunidade de Montes loita pola defensa da titularidade veciñal, xestiona o aproveitamento dos montes veciñais, e trata de fortalecer o vínculo entre o monte e os veciños, facéndonos directamente partícipes desta importante tarefa.