Os montes Veciñais en Man Común son unha das poucas formas de terras en común que logrou sobrevivir á organización municipal do século XIX e ao fenómeno desamortizador. Por iso, chama a atención que unha forma de propiedade tan orixinal e tan nosa non fose obxecto de regulamentación específica ata fai 20 anos. (?).

Isto é o que a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de Montes Veciñais en Man Común, manifesta na sua exposición de motivos, para logo continuar decindo que a presente lei pretende dar resposta á necesidade dunha regulamentación realista dos Montes Vecinales en Man Común, propiedade peculiar e ben característica de Galiza, tantas veces posta de manifesto polos expertos, reivindicada polos campesiños e reclamada pola propia realidade económica.