Programa de Actividades
13:00 vermú con Zurrumalla
14:00 Xantar popular
16:00 sobremesa con Zurrumalla
17:30 Iseo a Moura en “Se as árbores falaran”

Demostración escultura en madeira
con motoserra por Eugenio Linares Marcos Escudero
e cortes de tronco con machado por Yosi de Moaña

ZURRUMALLA
Zurrumalla naceu como grupo alá por febreiro do ano 2000 cando un grupo de amigos decidiron dar pulo aos seus antepasados e ás súas inquedanzas musicais. Dende o inicio, có esforzo e o tempo roubado aos seus quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, foron quen de ilusionarse e gozar coas notas que ían arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela crearon un universo no que se sinten unidos, ledos e orgullosos. O seu desexo é compartir este gozo con tod@s nós, esa ledicia e ese orgullo ademáis de que, entre todos e todas, dignifiquemos a tradición.

ISEO A MOURA
Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar porqué a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de qué xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.