A C.M.V.M.C. de Tameiga, como continuación da súa política de ordenación do Monte, mantemento, corta e repoboación, celebrou no mes de marzo do 2015 o “DÍA DA ÁRBOLE” có obxetivo de achegar os veciños, en especial os máis cativos ”QUE É O MONTE”, e que beneficios nos da. Tarefa é de todos amar e protexer os nosos montes, e tarefa é a nosa obliga de ensinar a respetar, cuidar e querer o monte, dándolle prioridade as nenas e nenos. Asi a C.M.V.M.C. de Tameiga púxose de acordo co colexio Peña de Francia, para a celebración do “DIA DA ÁRBOLE”, donde participaría todo o colexio nunha plantación de castiñeiros e carballos, proposta ben acollida por mestres é dirección.

A C.M.V.M.C. de Tameiga encargóuse do transporte do persoal, dotación das árboles, almorzo e de falar da natureza cas nenas e nenos; o colexio puxo os mestres e alumnado para a aplantación.